Castrelo De Miño
Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerteRiqueza Forestal e Micolóxica
É unha verdadeira ledicia pasear polos montes da comarca do Ribeiro. Tamén é unha verdadeira magoa velos tan abandoados. Cando de cando en cando encontro algún lugar onde o propietario lle adica un pouco de tempo a telo limpo, coidado e explotado, resulta esperanzador e soño con que o exemplo cunda entre moitos veciñós. Non fai falla ser un empresario para sacarlle beneficio a unhas parcelas ou montes, pois con non moito esforzo pódense obter recursos madereiros básicos, frutos, setas, horta, etc. Non é preciso sair fora de España para coñecer outras iniciativas cos mesmos recursos, onde particulares e pequenas comunidades de propietarios conseguen vivir moi dignamente da explotación sostible e diversificada dos montes. De isto existen bos exemplos en Cataluña, no Pais Vasco, e noutras comunidades.
Isto é do que deberían preocupar as administracións para por en valor o campo, e de paso aforrar cartos en apagar lumes todo-los verans, e queixarse do abandono dos pobos do interior.
(continuará…)
Deixar unha resposta