Castrelo De Miño
Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerteProxectos Integrales para Castrelo
O concepto de “Proxecto Integral” é moi simple: trátase de integrar nunha planificaciónd e desenvolvemento, tódo-los elementos subsceptibeis de explotar, dinamizar, recuperar, ofertar, planificar,.. dun xeito tal que, cada elemento poida estar interrelacionado con outro, de modo que o conxunto teña maior peso que as partes individualizadas. Iste xeito de facer ten vantaxas porque permite unha planificación racional no tempo, permite aforro de investimentos e unha rápida posta en valor i explotación.
Tamén é certo que hai moitas accions que se poden levar a cabo de modo e xeito inmediato, ben pola urxencia, ben por a evidencia da necesidade, ben por ir adiantando procesos, ou porque os investimentos non sexan considerables.
O certo e qué, salvo poucas e notorias excepcións, na moiría dos concellos so se dan “paos de cego”, ou mesmo remendos. Non hai proxectos, nin planificación, nin obxetivos. Así temos o que temos, concellos mortos, feridos polo abandono, a desidia, o descontento dos veciños, a falta de ilusión, a perda de esperanza, a desconfianza na clase política.
Tormenta de ideas, escoitar as necesidades e ideas dos veciños, escoitar e tentar de apoiar os proxectos empresariais e emprendedores, debatir e madurar as ideas, transformalas en proxectos racionais e levalos a cabo, esta é unha maneira de proceder, o meu entender positiva e de futuro.
(…)
Deixar unha resposta