Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

NTICs e o Software Libre

Non cabe dúbida de que Galiza está a experimentar un crecemento constante e importante no uso e a explotación do software libre. Ainda queda moito camiño por diante, pero os pasos, ainda que dubidosos van ben encamiñados. Galiza ten un tecido empresarial das TICs adicadas o software libre proporcionalmente  a par de cidades como Madrid e Barcelona.

Temos profesionais, temos experiencia, empezamos a ter espíritu emprendedor -ainda que a formación universitaria non está a altura na formación emprendedora, seguimos a ter masteres e cursiños teóricos e nada de práctica, xusto o revés do que precisamos, como nos idiomas- e xa temos empresas que son referente no mundo internacional. ¿E qué temos a maiores? Temos espazo, temos calidade de vida, temos natureza, comunicacions e telecomunicacións.  Temos pobos e aldeas susceptibles de seren recuperados para transformarse en ”aldeas tecnolóxicas”, cómodas, baratas e ben situadas.

En Castrelo de Miño temos ese potencial, e deberíamos debatir iniciativas e proxectos para dinamizar este sector, que por outra banda sería altamente respetuoso co medio, por non intervir ningunha transformación.

Existen empresas  e comunidades as que poder ofrecer este tipo de iniciativas e servizos, alentadas polas administracions i explotadas polo conxunto dos veciños, en calquer forma e fórmula.

No comments yet»

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: