Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

Arquivo para Natureza

¿Onde está a riqueza termal de Castrelo?

¿Onde está a riqueza termal de Castrelo? Sinto que estamos a deixar perder a potencial riqueza termal de Castrelo. Sabemos que ésta existe, que está ahí, e sen embargo non a desenvolvemos.

Xa teño dito que o potencial de Castrelo de Miño é impresionante por moitas razóns: ecolóxica, paisaxistica, turística, e un largo etc. A cercanía a Ourense fai inexplicable que este concello esté medio abandoado, como se fose un concello do mais profundo interior de Ourense, e sen embargo está comunicado por autovía con duas cidades, e dentro de pouco co enlace a autovía de Santiago, serán tres. É certo, estamos a escasos 12 minutos da Ponte Vella de Ourense ¡por autovía…. gratuita! Si tamén estamos na ruta termal, entre as surxencias de Ourense, Reza, …, Laias e as de Cortegada, Arnoia, Lobios…, ¿E nos qué?

Faise preciso deseñar un proxecto integral no que se comtemple a posta en valor de os recursos termais do noso concello, apostando por unha razoable, coidada e sobre de todo sostible explotación de ditos recursos.

Pódese facer un desenvolvemente armonizado entre a viticultura, o turismo de lecer, os recursos do rio, os recursos forestais e agrícolas, e o termalismo, etc. E neste desenvolvemento debemos de participar todo-los veciños que nos preocupamos por Castrelo.

Rutas de sendeirismo polo Ribeiro

Para quen lle interese,
de certo que ha tempo que veño falando de o grande valor paisaxistico que ten as terras de Castrelo de Miño. Esto sábenno moi ben os centos de ciclistas que transitan pola estrada que vai de Ourense a Cortegada, atravesando todo o concello de Castrelo de Miño. Esto sábenno moi ben as poucas xentes que se adentran pola retorcida estrada, e encontran un curruncho onde parar sen perigo para observar. Sen embargo poucos saben dos rincós escondidos entre os montes de castrelo, nin das fermosas vistas que desde eles se divisan. Moitas veces falei de facer rutas de sendeirismo nestes montes, atravensando todo o concello, e unindo os concellos limítrofes, de xeito que se poida vir de calquer lado a pé ou en bicicleta, atravesando montes, e sentindo o latir desta terra de Castrelo.

De certo que o veño falando, pero encontrar voluntade nas portas as que chamei.

Non se precisa tanto, so un pouco de voluntade, o entusiasmo pómolo nos: as xentes de Castrelo.

(seguirá…)