Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

Arquivo para Enerxia Solar

Centro experimental de Enerxías Renovables

Centro experimental de Enerxías Renovables na Tecnopole de Ourense

As empresas galegas do sector das enerxías limpas terán a mediados do próximo ano un banco de probas no que testar as súas innovacións. É o Centro de Experimentación en Enerxías Renovables que se vai construír en Tecnópole.

As instalacións que prestarán apoio ao sector empresarial a partir de xuño de 2007 permitirán testar a eficacia e a eficiencia de novos equipamentos aos fabricantes de aeroxeradores, pas, paneis, captadores solares e os restantes compoñentes e subsistemas tecnolóxicos das instalacións de enerxía eólica e solar.
O principal obxectivo do  novo centro é contribuír a consolidar a posición de liderado que Galicia ten na produción de enerxía eólica e optimizar a relativa á da enerxía solar fotovoltaica, que non se corresponde coa potencialidade que presenta o territorio.

Para este proxecto, Tecnópole conta co apoio económico do Ministerio de Educación e Ciencia a través do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Programa Nacional de Enerxía) e está financiado a través do Fondo Europedo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para construír o novo centro.

 Potencia e versatilidade

O centro dividirase en dúas seccións, unha orientada á enerxía eólica e outra á solar. O equipamento que se instalará na primeira delas consistirá nun aeroxerador de probas que terá a suficiente versatilidade para incorporar novos modelos de pas e equipos complementarios cos que realizar probas e verificacións técnicas.

A sección de enerxía solar fotovoltaica dispoñerá de diversas instalacións conectadas á rede eléctrica nas que as empresas poderán realizar probas e estudos comparativos, no referente a novos compoñentes e tecnoloxías, tanto de paneis solares como inversores.