Para quen lle interese,
de certo que ha tempo que veño falando de o grande valor paisaxistico que ten as terras de Castrelo de Miño. Esto sábenno moi ben os ciclistas que a diario arrisgan a vida pola estrada que ben de Ourense e atravesa Castrelo seguindo o curso do rio Miño, hasta chegar a Cortegada. Tamén o saben unhas poucas xentes que se atreveron nalgún momento a aventurarse na dita estrada, es os centos de curvas de mais de 120 graos non os intimidaron. Pois si ademais de seguir o curso do río pola estrada, os aventurades polas pistas que se adentran monte arriba, descubriredes unha rica, fastuosa, i explosiva natureza. De xeito eo tanto que moitos dos camiños que antaño empregaban os veciños a diario para as suas labores de campo, hoxe en día están case que totalmente obstruidos pola maleza. Se apesares de isto seguides, pouco a pouco descubriredes o variada que é a vexetación, e rincóns que vos sorprenderán.
Logo de un bo tempo de paseo pensaredes coma min: “É unha verdadeira magoa que estes camiños estén abandoados e esquecidos, pena de non teren feito rutas de sendeirismo…”
Tentei de propoñér as autoridades recuperar camiños, limpar rueiros, e abrir novos sendeiros e incorporalos as rutas oficiales.. Non tivera sorte, pero seguirémolo intentando.
O proxecto:
————-
– conseguir unha cartografía con gran detalle en dixital
– mediante GPS ir percorrendo camiños, e sendeiros; facendo anotacions alfanuméricas para as coordenadas singulares.
– levar estes datos a un sistema informático GIS/SIG. Empregar software livre e de manexo en internet, non so en red local.
– Sobre os datos obtidos, discutir as rutas mais interesantes e programar as actuacións de limpeza e sinalización.
– Finalizadas, incorporalas o rexistro oficial
– Publicitalas nos medios e na internet
– Documentalas na web do concello
(continuará…)
Deixar unha resposta