Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

Recuperando Troncoso

CASAS: 
temos unha ducia de casas en situación de ruinas que supoñen un perigo para os veciños, con tellados e paredes a medio caer, un día teremos un bo susto ou mesmo unha desgracia.  De algunha maneira deberíanse mercar esas casas os seus propietarios e recuperar eses espacios para o pobo, procurando deixar respirar o pobo, tentando de facer unha praza pública que non temos.
CAMIÑOS:
Si un veciño se atopase mal, unha ambulancia no podería chegar o medio do pobo, os camiños se estreitan tanto que nalgún sitio se fai un cuello de botella e non se pode pasar. Neses sitios cabe a posibilidade de mercar a precio módico as casas que están abandoadas e en perigo de derrumbe, e así lograr un espazo de transito axustado as necesidades.
ACCESOS:
Temos dous accesos que só permiten o paso dun vehículo pequeno nunha dirección. Deberíase sinalar una camiño de entrada e outro de saida, para así evitar os atascos, cando dous vehículos van polo mesmo camiño en direccións distintas, e o toparse un ten que retroceder marcha atrás ata volver a chegar o pobo.
REXISTRO DE CASAS:
Moitos veciños gustaríalles poder vender unha casa que se lles está caendo, moitos case que regalala so por que viñeran familias e se instalasen nos pobos, e lle deran un pouco de vida. Desde o Concello debería de haber un rexistro de CASAS gratuito e na internet con facilidades para fomentar a repoblación veciñal.
UNHA PRAZA:
Troncoso como todo pobo que se precie precisa de unha praza para se xuntar, reunir, para celebrar, para o que sexa, pero para uso e disfrute da xente. Deberíase buscar axuda para tentar de mercar un terreo a carón do pobo e adicalo a praza pública.
PLAN INTEGRAL:
Estas e outras actuacións deberíanse de integrar nun Plan Integral de Desenvolvemento e Recuperación, que fixase prazos, actuacións, intervencions, obxetivos, e concentrase toda-las axudas e subvencions aportadas por concello, diputación, cosellerías de Turismo, Medio Rural, … e Fondos Europeos.

No comments yet»

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: