Para quen lle interese,
de certo que ha tempo que veño falando de o grande valor paisaxistico que ten as terras de Castrelo de Miño. Esto sábenno moi ben os centos de ciclistas que transitan pola estrada que vai de Ourense a Cortegada, atravesando todo o concello de Castrelo de Miño. Esto sábenno moi ben as poucas xentes que se adentran pola retorcida estrada, e encontran un curruncho onde parar sen perigo para observar. Sen embargo poucos saben dos rincós escondidos entre os montes de castrelo, nin das fermosas vistas que desde eles se divisan. Moitas veces falei de facer rutas de sendeirismo nestes montes, atravensando todo o concello, e unindo os concellos limítrofes, de xeito que se poida vir de calquer lado a pé ou en bicicleta, atravesando montes, e sentindo o latir desta terra de Castrelo.
De certo que o veño falando, pero encontrar voluntade nas portas as que chamei.
Non se precisa tanto, so un pouco de voluntade, o entusiasmo pómolo nos: as xentes de Castrelo.
(seguirá…)
Deixar unha resposta