Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

De Pobos, aldeas e vilas de Castrelo

Doente Castrelo, ¿onde están as tuas xentes?
Todo ti pareces abandoado,
namentres a vexetación crece descontrolada
inundando de mimosas, pinos, fentos, xestas, toxos
e de todo o que esta rica terra da,
o teus pobos, aldeas  e mesmo ¿vilas?
ven desfacerse pouco a pouco as suas
construccions,
ven como os tellados, se afunden,
as madeiras apodrecen, as paredes se caen
e alí onde caen quedan sen que naide se acorde delas,
polas mañanciñas o rocio parecen lágrimas
que gritan na soidade,
onde están as xentes que deciden;
onde están os que tanto predican por salvar o rural,
onde os que neste seculo XXI consenten
camiños atrancados, ruas polas que non pasa unha ambulancia,
tellados afundidos ou pendentes de caer encima de calquer
inocente,
tan cerca e tan lonxe
percorro polas tuas ruas
e mesmo me sinto vivindo tempos que meus pais case non acordan
ata cando seguirás a sombra do Miño
vendo como a modernidade pasa de largo
na outra veira, pola autoestrada seguindo o solpor?
ata cando seguirán mirando para ti sen verte?

Non sei ben o que pasa, so sei o que non pasa
e eiquí non pasa nada,
non pasou nada desde que o encoro se tragou
as terras destas xentes
e desde fai mais de 30 anos a riqueza destas augas
fuxío para sabe Deus donde, poida que para Madrid
mais de seguro que non para os pobos e aldeas
de Castrelo de Miño.
¿Ata cando?

No comments yet»

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: