Castrelo De Miño

Galicia Verde, dónde el Ribeiro se hace fuerte

Algo se move en Castrelo

Ter que traballar fora de Castrelo xa non é unha excusa para non saber qué acontece no noso concello, non desde que está en funcionamento a sua páxina web. Podédesla ollar no enderezo: http://www.castrelo.org/  Desde ela xa nos podemos manter informados do día a día do concello, agora podo conocer os contidos dos bandos, os cursos e subvencions, e calquer actividad que desde o concello se promova.

Hoxe souben por exemplo que se abríu o plazo para solicitar acceso a rede de comunicación sen fios por banda ancha; e tamén que se abríu un concurso de fotografía sobre o noso concello, e algunha cousa mais que calquera pode consultar na antedita web.

Son pequenos pasiños, pero esperados como auga de Maio.

¡Qué non se pare!

Aínda non hai comentarios »

O teu comentario

You must be logged in to post a comment.